O sábado día 28 o campionato galego de carrilanas achégase ao noso concello, concretamente á parroquia de Loño na que xa teñen todo preparado para este evento.
Como é costume nestas terras o cartel da baixada de carrilanas complétase cunha boa festa.
Haberá polbo, carne ao caldeiro e como non, a especialidade da casa: pementos de Loño, todo elo acompañado de bo pan e un viño pelexón.
Tampouco faltará a música onde os PD´S ALIVE pecharemos unha festa na que tamén actuarán o grupo de percusión Odaiko e o grupo de rock Black Cat.
O horario de inicio desta singular verbena será a partires das 21:30hs aproximadamente, hora para a que está prevista a entrega de premios.
Coma sempre, dende os PDS ALIVE tentaremos crear o mellor ambiente posible seleccionando a mellor música e intentando complacer tódolos gustos, haberá rock, pop, "música de puticlub", dance e como non podía faltar, para pechala festa, sesión HOUSE!!
Agardámosvos, en breve subiremolo cartel oficial.
24.6.08
I Baixada de Carrilanas en Loño
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario