O sábado día 28 o campionato galego de carrilanas achégase ao noso concello, concretamente á parroquia de Loño na que xa teñen todo preparado para este evento.
Como é costume nestas terras o cartel da baixada de carrilanas complétase cunha boa festa.
Haberá polbo, carne ao caldeiro e como non, a especialidade da casa: pementos de Loño, todo elo acompañado de bo pan e un viño pelexón.
Tampouco faltará a música onde os PD´S ALIVE pecharemos unha festa na que tamén actuarán o grupo de percusión Odaiko e o grupo de rock Black Cat.
O horario de inicio desta singular verbena será a partires das 21:30hs aproximadamente, hora para a que está prevista a entrega de premios.
Coma sempre, dende os PDS ALIVE tentaremos crear o mellor ambiente posible seleccionando a mellor música e intentando complacer tódolos gustos, haberá rock, pop, "música de puticlub", dance e como non podía faltar, para pechala festa, sesión HOUSE!!
Agardámosvos, en breve subiremolo cartel oficial.
24.6.08
I Baixada de Carrilanas en Loño
21.5.08
Festón..Festón..tón..tón...
Sí señor..foi un festón!!Kedou todo en familia..a xente de Vila de Cruces divirteuse kanto kixo..tal e como se pode ver nesta imaxe!!Os Pd's Alive xunto con outros dj's ke se achegaron..tales como Richie(Silleda),Bladimir(mozo de Catia)je je..fixeron as delicias dos ali presentes..!En breve comezará a venta da 1ª session dos Pd's..xunto coas camisolas do colectivo..!!darvolas gracias aos ke viñestes e animarvos a os ke non o fixestes..porke xa se esta a argallar a vindeira festa..para ir superando expectativas!Un saúdo!! (na imaxe,en cabina Knuff PD)
20.5.08
Pd's Alive no móvil
Digamos que é publicidade...ou non se sabe...pero se queres ter o tema de Pd's Alive só tes que descargalo...Hai 2 versións, válidas para:
LG KS10;
NOKIA: 5700 Xpress Music, 6110 Navigator, 6120 classic, 6121 classic, 6124 classic, 6210 Navigator, 6220 classic, 6290, E50, E51, E65, N70, N71, N72, N73, N75, N76, N78, N81, N81 8GB, N82, N92, N93, N93i, N95, N95 8GB, N95-3NAM, N96;
Samsung : SGH-i400, SGH-i520
Descargar para N70 e N72
Descargar para o resto





