Páginas

23.12.09

Fotos @ La Clave 19/12/09

Xa están aquí con sorprendente rapidez as fotos do festón increíble que se liou o sábado na Clave! podes acceder picando AQUÍ! ou como de costume dende o apartado fotos da web, arriba á dereita, onde atoparás tamén tódalas fotos de festas anteriores.
Polo de agora están nun tamaño reducido e con baixa calidade para acelerar o proceso e aforrar espazo. Se hai algunha que te incomode ou que non desexes que se manteña publicada informanos mediante info@pdsalive.com

¡Pasen e vexan!

3.12.09

Concurso 19D: Packs Bono Copas+ Merchandising


Non podía ser máis doado, se queres levar un pack de camiseta+pegatinas+chapas+bono 5 copas, "by the face", non tes máis que deixar un comentario nesta entrada! (Abaixo, onde pon "[nº] comentarios")

Só tedes que escribir o que queirades, relacionado con esta festa, cos Pd's Alive ou con que desexariades que ofrecese o próximo Festón Increíble, tentade dirixirvos ao público da festa, xa que se proxectarán as mensaxes na pantalla xigante instalada para a ocasión. Se resultas escollido pola túa orixinalidade, emotividade, atrevemento ou o que sexa, recibirás o teu pack especial.


Non esquezas incluir o teu e-mail para poñernos en contacto contigo e facerte chegar o premio, que será decidido o día 17 ás 22 hrs, intre no que se cerrará a participación.

¡Participa!

Calquera mensaxe con contidos que a organización considere ofensivos será automáticamente eliminada.
O cocurso pode estar suxeito a cambios, sempre para aumentar a cantidade ou cambiar o modo de gañar dito premio.