Páginas

21.9.10

Por 3ª vez, PDS ALIVE @ DILEMA DISCO



Outra vez máis DILEMA disco ten a ben convidarnos á sua cabina. Nesta ocasión será o Venres 24 de Setembro. Estaremos os PDS ALIVE compartindo cabina co sempre impresionante MIGUEL FONS, ao cal lle temos que agradecer o seu sempre excelente trato hacia nós. Esperamoste en Dilema!!
Por certo, coma de costume nas nosas sesións, a entrada será gratuíta.

9.9.10

Programación Outono/Inverno Modo: ON

Pd's Alive está totalmente activo coa posta en marcha de varios proxectos de diversa índole, máis aló da inminente 3ª Carallada dos Cazadores dos Casarellos de Larazo, na que faremos unha sesión nocturna.
Polo momento é preferible non tolear e non airear demasiado os proxectos para non gafalos, pero o que sí temos claro e que, de novo, teremos a Festa Pd's Alive de decembro, na que é xa a súa 3ª edición!
Nestes intres, estamos a pechar alguna actuación interesante que ofrecervos máis aló das nosas sesións, co que esperamos sorprendervos moi gratamente e conseguir que a xente se achegue a pasalo ben. Ademáis, estamos barallando un cambio de data da que estamos acostumados, por problemas coa súa ubicación, xa que a data lóxica sería o 25 de decembro.
Asimismo, e dentro do mundo Pd's Alive, terán lugar varias actuacións de Chinin Show Music perante o mes de Outubro en diversas festas en pobos do concello de Vila de Cruces, asíq ue esperade pronto as novas!

Non deixedes de informarvos e non dubidedes en contactar con nóa para calquera tipo de actuación!