Páginas

21.10.10

Kandela Rocks! 31Out


O mellor do Rock e do Pop nacional e internacional chega ao Pub Kandela de Vila de Cruces de man de Pd's Alive.

Dende as 11 da noite de Samaín ou Halloween ou como queiras chamala, o domingo 31 de Outubro (lembra que o luns é festivo!), todos os grandes éxitos do Pop-Rock Internacional sonarán no xa mítico pub cruceño na que pode ser unha noite máxica con esta nova experienc
ia dos Picadiscos cruceños!

Con esto, os Picadiscos ao Vivo seguen na súa senda de unha festa mensualmente, incluso superando esa frecuencia. Ademáis, estamos a adquirir novo material picadisquico, preparando a vindeira 3ª festa PD's Alive do 4 de Decembro, e preparando unha sorpresa na nosa web!.


Se tes alguna petición musical, visita o evento do Facebook ou deixa un comentario nesta mesma entrada do blogue...eso sí, só te pedimos que sexan temas animados!.


Esperámosvos no Kandela Rocks!


4.10.10

Next stop: Verín!



Todo preparado para a seguinte parada da xira PDS ALIVE, desta volta Blancoh! e !Knuff aka Checha visitan terras ourensás, concretamente o lugar de Vilamaior en Verín onde Tamagoni Ocio organiza unha variada tarde-noite de sábado.
Xunto con estes dous PDS estarán en cabina:
Richie e OscarGarta do Colectivo SinSueño e Breixo, recoñecido dj chegado dende O Grove.
O cartel complétase cun show BMX Freestyle e Tamagoni ofrece ademáis servizos de paintball, tiro con arco... ademáis de poñer a disposición do público unha ampla zona de acampada!

DJ CHININ @ Xuventude CARBIA 2010



DJ Chinin co seu habitual e completo "showmusic", puxo a guinda final a unha enorme verbena na que compartía cartel coas orquestras París de Noia e Panorama. Con centos de persoas a pé de cabina, o mellor dance e house comercial do momento fixo vibrar Carbia ata altas horas da madrugada.