Páginas

21.10.10

Kandela Rocks! 31Out


O mellor do Rock e do Pop nacional e internacional chega ao Pub Kandela de Vila de Cruces de man de Pd's Alive.

Dende as 11 da noite de Samaín ou Halloween ou como queiras chamala, o domingo 31 de Outubro (lembra que o luns é festivo!), todos os grandes éxitos do Pop-Rock Internacional sonarán no xa mítico pub cruceño na que pode ser unha noite máxica con esta nova experienc
ia dos Picadiscos cruceños!

Con esto, os Picadiscos ao Vivo seguen na súa senda de unha festa mensualmente, incluso superando esa frecuencia. Ademáis, estamos a adquirir novo material picadisquico, preparando a vindeira 3ª festa PD's Alive do 4 de Decembro, e preparando unha sorpresa na nosa web!.


Se tes alguna petición musical, visita o evento do Facebook ou deixa un comentario nesta mesma entrada do blogue...eso sí, só te pedimos que sexan temas animados!.


Esperámosvos no Kandela Rocks!


No hay comentarios: