Páginas

26.4.10

Rooster Fest

Os PDS ALIVE botan a andar o primeiro festival de música electrónica en Vila de Cruces e coidamos que para ser a primeira edición, contamos cun cartel de luxo que combina a artistas de 1º nivel electrónico en Galicia como é o caso de Jóse González aka Malaguita e os djs dos locais de moda na zona como son Miguel Fons ou Marcos Magán
O festival celebrarase o sábado 29 de maio, víspera da sonada Festa do Galo de Curral.
A continuación podedes ver o cartel ao completo

MARCOS MAGÁN

http://www.marcosmagan.com/
DJ CHININ SHOWMUSIC
http://www.pdsalive.com
KINKE PD
http://www.pdsalive.com
MIGUEL FONS
http://www.myspace.com/miguelfons
ROOF
http://www.myspace.com/roof_tribalcloud
BLANCOH!
http://www.pdsalive.com
DAVID´SJ aka MR SPACEMAN
http://soundcloud.com/mr-spaceman
JÓSE GONZÁLEZ aka MALAGUITA
http://www.myspace.com/joseglez

GÜESS_PD Vs. KNUFF! aka CHECHA
pó-ró-gin-gin close session


En breve recibiredes información máis detallada, pero isto é para que vaiades quentando motores, esta vai ser un festón!

21.4.10

Programación Pd's Alive Verán '10

Adiantamosvos que este verán chegará cargado con proxectos de Pd's Alive....dende un festival no Galo de Curral de Vila de Cruces, pasando por unha terraza lounge, sesións pop-rock e rematando, probablemente, nunha nova edición da "Carallada dos Casarellos".

Deixamosvos un video promocional...


23.12.09

Fotos @ La Clave 19/12/09

Xa están aquí con sorprendente rapidez as fotos do festón increíble que se liou o sábado na Clave! podes acceder picando AQUÍ! ou como de costume dende o apartado fotos da web, arriba á dereita, onde atoparás tamén tódalas fotos de festas anteriores.
Polo de agora están nun tamaño reducido e con baixa calidade para acelerar o proceso e aforrar espazo. Se hai algunha que te incomode ou que non desexes que se manteña publicada informanos mediante info@pdsalive.com

¡Pasen e vexan!

3.12.09

Concurso 19D: Packs Bono Copas+ Merchandising


Non podía ser máis doado, se queres levar un pack de camiseta+pegatinas+chapas+bono 5 copas, "by the face", non tes máis que deixar un comentario nesta entrada! (Abaixo, onde pon "[nº] comentarios")

Só tedes que escribir o que queirades, relacionado con esta festa, cos Pd's Alive ou con que desexariades que ofrecese o próximo Festón Increíble, tentade dirixirvos ao público da festa, xa que se proxectarán as mensaxes na pantalla xigante instalada para a ocasión. Se resultas escollido pola túa orixinalidade, emotividade, atrevemento ou o que sexa, recibirás o teu pack especial.


Non esquezas incluir o teu e-mail para poñernos en contacto contigo e facerte chegar o premio, que será decidido o día 17 ás 22 hrs, intre no que se cerrará a participación.

¡Participa!

Calquera mensaxe con contidos que a organización considere ofensivos será automáticamente eliminada.
O cocurso pode estar suxeito a cambios, sempre para aumentar a cantidade ou cambiar o modo de gañar dito premio.

17.11.09

PDS ALIVE @ LA CLAVE vol.II - 19 Decembro 2009



Xa vai un ano, lembrades? menudo festón! pois agora máis e mellor! para elo contamos cuns invitados de luxo, por un lado os PIPAS GROUP dando un toque de distinción e calidade cun percorrido polo mellor rock da historia incluíndo o contemporáneo e polo outro chegado dende Brocos,Dj TYNHO (Residente de KM Melide) achegándonos os ritmos house do momento. Todo esto incluíndo as nosas sesións, as PDS ALIVE SESSIONS cun amplo percorrido por tódolos estilos de musica, progresivamente dende os sons máis pop ao máis puro sonido underground electrónico. E para que a festa sexa completa barra HAVANA CLUB con MOJITOS e CAIPIRINHAS!!! Ademáis de regalos e como non GOGO´S!! E aínda nos gardamos algunha que outra sorpresa. VALO PERDER???

10.11.09

Fotos en Dilema Disco!

Algo tarde, pero aquí os dejamos las fotos de nuestra última fiesta en Dilema Disco el 23 de Octubre...


E id marcando una fecha en vuestro calendario...el próximo 19 de Diciembre...vuelve la locura en La Clave....


14.10.09

Próxima parada DILEMA! (23.10.09)

6qJeH2tCLIUtPiQ5ss4.0

Pois eso amig@s, o venres 23 de outubro retornamos a Dilema Disco en Silleda coa esperanza de repetir ou incluso superar o éxito da anterior edición da festa PDS ALIVE en Silleda fai medio ano. Sabemos que vai estar difícil porque ese día hai moitas citas cerca pero aínda así confiamos en que te animes e nos fagas un punto!

11.9.09

PDS ALIVE SESIONS - Blancoh! !house sesion




Por fin subo unha sesión!! quería compartila con todos vos, é house, con algo de todo, dende comercial a algo máis "forte".
Como curiosidade decirvos que a fixen un sábado recién levantado co resacón do viernes, pero un día destes que te levantas coas pilas ao 200% !
Aquí vos queda o enlace, espero impaciente os vosos comentarios! http://www.megaupload.com/?d=NIZWPIUO

------------------------------------------
Por fin subo una sesión!! quería compartirla con todos vosotros, es house, con algo todo, desde comercial a algo más "fuerte".
Como curiosidad deciros que la hice un sábado recién levantado con el resacón del viernes pero un día de estos que te levantas con las pilas al 200%
Aquí os dejo el enlace, espero impaciente vuestros comentarios! http://www.megaupload.com/?d=NIZWPIUO

2.7.09

Novas Festas!

Para este verán temos pensado picnhar e pinchar música para todos vós!
temos case confirmadas varias actuacións dos Pd's Alive: o 14 de Agosto en Merza "Festa da Carixa" e a finais de Agosto na II festa dos "Cazdores dos Casarellos" en Larazo...Ademáis do Venres 7 de Agosto en Vila de Cruces, coma comezo das festas da Piedade 2009.

Estamos á espera de que nos confirmen algunha festa máis, e de organizarmos a vindeira festa "Pd's Alive@Summer Nights"....



22.5.09

Fotos Pd´s Alive @ Dilema Disco

Xa temos dispoñibles as fotos desa pedazo festa que se lovou a cabo na Discoteca Dilema de Silleda!

Queremos agradecer a vosa asistencia, así como a axuda prestada por Chinín, Pampín e Félix, e, porsuposto, sen esquecernos de Roxo, por prestarnos a oportunidade de facer esta festa...

Para ver as fotos da festa, Clicka Aquí!


Esperamosvos na seguinte festa para desfrutar de outra gran noite!!

14.5.09

Noitebus para o festón PDS ALIVE en Silleda!


Tras árduas xestións conseguimos que repuxeran a liña de noitebus CRUCES-MERZA-SILLEDA para a noite do 15 de Maio.

20.4.09

PDS ALIVE @ DILEMA DISCO (Silleda)


Xa tes unha data para anotar na túa axenda! VENRES 15 DE MAIO contamos contigo en DILEMA en Silleda onde estaremos os PDS ALIVE intentando que o pases o mellor posible. Ademáis da nosa música cos PDS: Knuff, Xurxo, Kinke e Blancoh! e con DJ CHININ SHOW MUSIC como invitado. A xente de Dilema agárdavos con multitude de sorpresas, NON FALTES!
Pois iso, un saudo dos PDS e a montala!!

Sitio web de Dilema

30.3.09

Tamén no Facebook


Coa intención de estar máis preto de ti ampliamos os medios polos cales nos podes seguir e estar ao día das nosas novidades. Neste caso embarcamonos na rede social por excelencia, o Facebook. Búscanos e agregate ao noso grupo de seguidores, contamos contigo!
PDS ALIVE

4.2.09

Novidades no eido musical.

proximamente

Xa temos a puntiño de saír do forno a nova sesión dos PD´S ALIVE. De novo son KinkePD e Blanckoh! os encargados de mesturar o mellor house comercial do momento, con algún que outro toque un pouco máis "de culto". En breve presentarémola oficialmente e todos poderedes desfrutala.

Destacar tamén que se están a producir importantes avances de cara a producción dun tema propio por parte do noso colectivo, así que non vos sorprendades se en breve editamos unha canción...

Non deixedes de visitarnos!

22.12.08

Fotos festa 20Decembro

Xa celebramos a nosa primeira festa, na que acadamos un éxito rotundo, sobretodo, gracias a todos vós!

Non podemos máis que agradecervos a vosa visita e poñernos a preparar xa a próxima.
De momento, xa coñecedes todos o mítico botellón de fin de ano, que os Pd's Alive pensan amenizar coa súa música...

Ademáis, despois desta nosa primeira festa presentación, inauguramos a nosa galería de fotos, e a machado con case 300 imaxes desa marabillosa noite...esperamos que vos gusten! Clicka Aquí



20.11.08

festa presentación Pd's Alive



Fiesta presentación del colectivo y fiesta para la Juventud!

Percusionistas, gogo's y regalos!

20 de diciembre en la discoteca La Clave (As Covas - Vila de Cruces)


Os esperamos!!!!!!!
Colaboran: Asoc. Cult. Miolos de Fume - Tropa de Asalto á Barra - DoucheKaVara

19.11.08

Servicios Pd's Alive

El Colectivo Pd's Alive os ofrece una serie de servicios musicales:

- Cubrimos todo tipo de eventos: Fiestas, cenas de empresa, comuniones, despedidas de soltero, fiestas de estudiantes, nochevieja...

- Bodas: Escoge el tipo de música que deseas entre una amplia variedad, y además te ofrecemos una gran amplitud de horarios.

- Alquiler de local: disponemos un local adecuado para la celebración de todo tipo de fiestas, una auténtica discoteca a tu servicio.

- Material: Pd's Alive dispone de todo lo necesario para que disfrutes de tus fiestas, con un equipo de sonido profesional.

16.9.08

Pd´s Alive no tuenti


Pois como podes apreciar na imaxe, PD´S ALIVE dispón dunha conta na coñecida rede social electrónica "tuenti". Así que xa o sabes, se tamén eres tuentista búscanos e fainos unha petición de amigo, así estarás ao corrente de tódalas nosas novas e eventos. Como probablemente xa saberás estamos a facer unha base de datos con tódolas vosas direccións de correo electrónico para tervos informados de tódalas actividades que programemos, esta base tamén estará a disposición da Tropa de Asalto á Barra.
Se queres estar integrad@ nela só tes que deixarnos o teu enderezo electrónico mediante mail en info@pdsalive.com

20.8.08

24.6.08

I Baixada de Carrilanas en Loño

logo
O sábado día 28 o campionato galego de carrilanas achégase ao noso concello, concretamente á parroquia de Loño na que xa teñen todo preparado para este evento.
Como é costume nestas terras o cartel da baixada de carrilanas complétase cunha boa festa.
Haberá polbo, carne ao caldeiro e como non, a especialidade da casa: pementos de Loño, todo elo acompañado de bo pan e un viño pelexón.
Tampouco faltará a música onde os PD´S ALIVE pecharemos unha festa na que tamén actuarán o grupo de percusión Odaiko e o grupo de rock Black Cat.
O horario de inicio desta singular verbena será a partires das 21:30hs aproximadamente, hora para a que está prevista a entrega de premios.
Coma sempre, dende os PDS ALIVE tentaremos crear o mellor ambiente posible seleccionando a mellor música e intentando complacer tódolos gustos, haberá rock, pop, "música de puticlub", dance e como non podía faltar, para pechala festa, sesión HOUSE!!
Agardámosvos, en breve subiremolo cartel oficial.